Flaithbertach mac Loingsig
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VIII Illa de Irlanda |
Morte | 765 (Gregoriano) Armagh, Reino Unido |
Grande Rei da Irlanda (pt) | |
728 – 734 ← Cináed mac Írgalaig (en) – Áed Allán → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | 8th century generation (en) |
Familia | |
Familia | Cenél Conaill (pt) |
Fillos | Loingsech mac Flaithbertaig, Áed Muinderg, Murchad mac Flaithbertaig |
Pai | Loingsech mac Óengusso |
Flaithbertach mac Loingsig, nado no século VIII e finado en 765, foi un Rei Supremo de Irlanda. Era un membro dos Cenél Conaill, unha póla dos Uí Néill do norte. Era fillo de Loingsech mac Óengusso (m. 703), un rei supremo anterior.[1] Gobernou de 728 a 734.[2]
Considérase que se fixo co título de Rei Supremo de Irlanda trala súa vitoria sobre o anterior rei, Cináed mac Írgalaig de Síl nÁedo Sláine, na batalla de Druim Corcain en 728 onde morreu Cináed.[3]
Durante gran parte do seu reinado, a coroa foille disputada polo seu rival, Áed Allán dos Cenél nEógain. O obxectivo de Áed era a conquista de Mag nÍtha, unha chaira no val do río Finn que conecta os territorios de Cenél Conaill.[4] Antes de converterse en rei supremo loitou contra o seu rival na Batalla de Druim Fornocht en 727.[5] En 732 Flaithbertach foi derrotado por Áed nunha batalla na que morreu o seu curmán Flann Gohan mac Congaile.[6] Outro encontro ocorreu en 733 nunha batalla loitada en Mag nÍtha na que perdeu a vida outro curmán seu, Conaing mac Congaile.[7] En 734 tivo lugar outro enfrontamento en Mag nÍtha.[8]
Estas derrotas levaron a Flaithbertach a pedir a axuda naval dos homes de Dalriada pero a súa frota foi destruída na boca do Bann en 734.[9] Os Anais do catro mestres declaran que os escotos chegaron para axudar ás tropas de Flaithbertach que quedaran cortadas por inimigo e que os Ulaid e os Cianachta Glenn Geimin era aliados de Áed nesta batalla.[10]
Despois desta serie de batallas Flaithbertach foi deposto, ou abdicou, e entrou no mosteiro en Armagh onde morreu en 765.[11]
Flaithbertach foi o derradeiro membro do Cenél Conaill en ser considerado como Rei Supremo de Irlanda, malia que Ruaidrí ua Canannáin (finado en 950) está considerado como tal por unha minoría de fontes. Entre os fillos de Flaithbertach cóntanse: Áed Muinderg (finado en 747) chamado Rei do norte; Loingsech mac Flaithbertaig (finado en 754) e Murchad mac Flaithbertaig (finado en 767) chamados xefes do Cenél Conaill. A súa filla Dunlaith ingen Flaithbertaig (finada en 798) casou co rei supremo Niall Frossach (finado en 778).[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Francis J.Byrne, Irish Kings and High-Kings, Table 4
- ↑ the Laud Synchronisms and Rawlinson Genealogies give him a reign of 9 years; Book of Leinster gives him 7 years
- ↑ Annals of Ulster AU 728.1; Annals of Tigernach AT 728.1, 728.8
- ↑ T.M. Charles-Edwards, Early Christian Ireland, pg.573
- ↑ Annals of Ulster AU 727.2; Annals of Tigernach AT 727.2
- ↑ Annals of Ulster AU 732.10
- ↑ Annals of Ulster AU 733.3
- ↑ Annals of Ulster AU 734.8
- ↑ Byrne, pg.114
- ↑ Annals of the Four Masters M 728.3
- ↑ Charles-Edwards, pg.573; Annals of Ulster, AU 734.10, 765.2
- ↑ Geoffrey Keating, History of Ireland, Book II, pg.153