Fira de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fira Barcelona»)
O recinto de Montjuïc durante a celebración da feira Construmat 2005.

Fira de Barcelona é a institución feiral de Barcelona e unha dunha das máis importantes de Europa. Cada ano organiza numerosos salóns e congresos onde se reúnen destacadas a empresas de diferentes sectores económicos para expor as súas novidades, intercambiar experiencias, coñecementos e promover negocios.

Historia[editar | editar a fonte]

A Fira ten as súas orixes na Exposición Universal de 1888, primeira feira de mostras de Barcelona, con motivo da que se construíu o recinto feiral do Parque da Ciutadella. Con motivo da inauguración da Exposición Internacional de 1929, a celebración de acontecementos feirais trasladouse ás novas instalacións creadas en Montjuïc, espazo onde se desenvolveu este acontecemento mundial. Na actualidade, hai tamén un novo recinto feiral, inaugurado en 2007, preto da avenida da Granvia de L'Hospitalet que, conxuntamente co recinto de Montjuïc, impulsan a proxección internacional de Barcelona, converténdoa na segunda cidade de Europa co maior recinto feiral, logo da urbe de Milán.

En 1932 foi constituída oficialmente a sociedade Fira Internacional de Barcelona, declarada de utilidade pública, e en 2000 a Generalitat de Cataluña incorporouse aos órganos de goberno, xunto co Concello de Barcelona e a Cámara de comercio de Barcelona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]