Filodio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acacia heterophylla, con filodios.

En Botánica, chámase filodio a un órgano laminar que semella unha folla, máis que pola súa orixe evolutiva, a súa ontoxénese (o seu proceso de desenvolvemento) e a súa anatomía interna resulta non selo. Polo xeral trátanse de talos ou pecíolos dilatados que cumpren nalgunhas plantas a función fotosintética que normalmente corresponde ás follas, ás que funcionalmente substitúen.

Exemplos de filodios aparecen nalgunhas das moitas especies do xénero Acacia. A meirande parte das acacias teñen follas compostas, mais algunhas presentan no seu lugar filodios. Nas plántulas dalgunhas destas especies, coma a acacia negra óllanse formas transicionais entre as follas normais e os filodios. Algúns eucaliptos, como o eucalipto azul, tamén teñen filodios.