Fidela Bernat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fidela Bernat
Nome completoFidela Bernat Aracués
Nacemento24 de abril de 1898
Lugar de nacementoUztarroze
Falecemento23 de febreiro de 1991
Lugar de falecementoPamplona
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Fidela Bernat, nada o 24 de abril de 1898 en Uztarroze e finada o 23 de febreiro de 1991 en Pamplona, foi a derradeira persoa capaz de falar o dialecto roncalés como lingua materna. Coa súa morte, á idade de 92 anos, desapareceu o devandito dialecto da lingua éuscara. Malia isto, na fonoteca de Navarra existen gravacións de entrevistas feitas a esta muller que recollen a fala.

Casada o 23 de xuño de 1925 con Pedro Ederra Lorea, tivo 6 fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]