Festival da Chaira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Festival da Chaira é un festival de música que ten lugar na praia fluvial da Riboira, en Baltar (A Pastoriza). Está organizado pola Asociación A Chaínza, e celébrase o mes de xullo desde o ano 2006.

Características[editar | editar a fonte]

Mestura diversos estilos musicais, como o folk, rock, hip-hop ou a música tradicional chegando a crear unha gran diversidade de xéneros e artistas en moitos idiomas. Nas distintas edicións participaron grupos como Saldos Arias, Os Tres Trebóns, Pandeireteiras de Meira (2006), Chotokoeu (2010), Habelas Hailas (2011), Milesios, Skandalo GZ, Som do Galpom ou Zënzar (2013).

Amais, celébranse outras actividades como xogos tradicionais, cun campionato de billarda onde o primeiro clasificado leva unha figura dun xabarín, símbolo do festival.

Celébrase na praia fluvial da Riboira, no río Miño, que conta con merendeiros e cunha ampla carballeira con zona de acampada. A Ruta de Augas de Fonmiñá transcorre polos 12 primeiros quilómetros do río Miño dende a lagoa de Fonmiñá ata esta área recreativa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]