Ferreiriño cristado
Ferreiriño cristado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En Segovia | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Lophophanes cristatus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
O Ferreiriño cristado (Lophophanes (Parus) cristatus) é unha ave da familia dos Páridos.
Morfoloxía e hábitos
[editar | editar a fonte]É unha especie pequena de 11,5 cm de lonxitude, peso de 11 gramos e envergadura de 17–20 cm. Morfoloxicamente os machos son iguais ás femias.
Ave estritamente forestal, o seu hábitat predilecto son as fragas de coníferas aínda que tamén se adapta a fragas mixtas con gran densidade forestal.
A base da súa alimentación son os insectos, sementes de coníferas e arácnidos.
Reprodución
[editar | editar a fonte]O período de cría vai de abril a xullo, podendo facer 1 ou dúas postas. O niño adoita estar en ocos de árbores ou en fendas de rochas. Cada posta consta entre 5 e 8 ovos, cun tempo de incubación de 13 a 15 días. Os polos permanecen no niño entre 17 e 21 días trala eclosión.
Distribución
[editar | editar a fonte]Presente en toda Europa Occidental e Central (excepto Italia e Inglaterra). Está presente tamén no sur de Escandinavia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2004). Parus cristatus. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 12 May 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. C. D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
- Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
- Gran Guía de la Naturaleza. AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)