Fernando Elboj Broto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Elboj Broto

3 de xullo de 1999 – 3 de xullo de 2010
Precedido por José Luis Rubió Gracia
Sucedido por Luis Felipe Serrate

Actualmente no cargo
Dende o 9 de marzo de 2008

28 de outubro de 1982 – 28 de outubro de 1989

Datos persoais
Nacemento 14 de xullo de 1946
Huesca, España España
Partido PSOE

Fernando Elboj Broto, nado en Huesca o 14 de xullo de 1946, é un político español, membro do Partido Socialista Obrero Español. Foi alcalde de Huesca entre 1999 e 2010.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado en Huesca en 1946, é catedrático de Xeografía e Historia. Membro do PSOE, foi senador pola súa provincia natal entre 1982 e 1989. En 1990 foi nomeado director provincial de educación en Huesca, cargo que desempeñou ata 1994. En 1999 encabezou a lista do seu partido á alcaldía de Huesca, sendo investido alcalde gobernando en coalición con IU e PAR. En 2003 consegue a maioría absoluta e goberna en solitario. En maio de 2007 gaña de novo as eleccións con maioría relativa, gobernando en coalición co PAR.

Tras tres lexislaturas consecutivas como alcalde, é elixido en 2008 Senador. En maio de 2009, remodela as competencias municipais e, ademais de Senador, Alcalde e concelleiro de Urbanismo, asume a concellaría de Medio.

O 3 de xullo de 2010 dimite como alcalde de Huesca para concentrarse no seu escano do Senado.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
José Luis Rubió Gracia
Escudo de Huesca.svg
Alcalde de Huesca

1999-2010
Sucesor:
Luis Felipe Serrate