Fender Lead

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fender Lead.jpg

A Fender Lead é unha serie de guitarras eléctricas producida por Fender, formada polos modelos Lead I, Lead II e Lead III. Tamén existe un baixo eléctrico da mesma serie, o Lead Bass.

Historia[editar | editar a fonte]

O concepto orixinal para a serie de guitarras Lead, incluído seu nome, é de Dennis Handa, o entón director de mercadotecnia de Fender Guitars. A idea era ter unha guitarra que fose máis barata que a Stratocaster e fose atractiva para os guitarristas debido á sensación do seu mastro ademais de polas opcións das pastillas. O caravilleiro máis pequeno e o mastro foron modelados a partir de mastros previos da marca. Orixinalmente Steve Morse, dos Dixie Dregs, foi o primeiro probador da guitarra e estreouna nunha mostra da NAMM en Atlanta, Xeorxia. As guitarras Lead foron fabricadas entre 1979 e 1982 pola Fender Musical Equipment Co. baixo a dirección de Gregg Wilson e Freddie Tavares. Gregg Wilson foi substituído por John Page, que finalmente dirixiu a Fender Custom Shop. A serie Lead ten elementos da Stratocaster e da Telecaster no seu deseño cun corpo que é lixeiramente máis pequeno e cunha forma lixeiramente diferente á da Stratocaster, un mastro e un caravilleiro ao estilo dese mesmo modelo, e cunha ponte semellante á da Telecaster.

O caravilleiro da serie Lead era máis pequeno que os da Stratocaster dese tempo, e semellante aínda que non idéntico ao deseño daStratocaster de 1954. Os modelos de Stratocaster da época da serie Lead lanzada a finais de 1979 aínda usaba o deseño de caravilleiro mais grande ata a introdución da Dan Smith Stratocaster en 1981.

A serie Lead foi fabricada na planta de Fender de Fullerton (California), e custaba menos que os modelos de Stratocaster dá época (uns 495 dólares). Foi finalmente substituída na liña de produción pola Fender Japan Squier JV en 1982 cando a compañía expandiu as súas operacións creando Fender Japan.