Saltar ao contido

Feira de Arzúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Feira de Arzúa
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
século XVI Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
Wikidata

A feira de Arzúa é un evento que se celebra os días 8 e 22 de cada mes en Arzúa. A feira do día 8 vénse celebrando dende o século XI, e a do día 22 dende o século XVIII[1]. Antigamente a do día 8 era chamada "feira" e a do día 22 "mercado",[2] aínda que hoxe non existe ningunha diferenza entre elas. A feira tiña lugar na praza da vila, pero dende o século XVII celébranse no Campo da Feira, antiga Horta do Barreiro que foi adquirida en 1957 polo Concello de Arzúa á familia Álvarez Mir [3]. Na década de 1970 construíronse unhas naves para celebrar a feira do gando nunha localización diferente, apartada do centro da vila.

Na década de 1940 o número de visitantes a unha feira de Arzúa cifrábase en 4000 persoas, incluídos tratantes de gando salmantinos, valisoletanos, granadinos, zamoranos, murcianos etc., o número de postos superaba os 300 e o número de cabezas de gando (vacún, porcino, cabalar, e lanar) ascendía a 1.300[4], e na década de 1980 había unhas 2000 cabezas de gando[3].

  1. Cascón Rodríguez, A. F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812018-7
  2. Madoz, Pascual (1846). "ARZUA". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) II. Madrid. p. 613.
  3. 1 2 Cacheda Vigide, E. A. Arzúa en el Camino de Santiago. Everest ISBN 84-241-9930-8
  4. Barreiro López, A. (5 de decembro de 1944). "Galicia próspera y fecunda: una feria en Arzúa". La Voz de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]