Feira da ciencia e tecnoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Feira da Ciencia e Tecnoloxía»)

Unha feira da ciencia e tecnoloxía é unha feira onde se presentan montaxes e investigacións científicas e tecnolóxicas. A denominación pode variar dependendo da dedicación temática, concepción do desenvolvemento ou mesmo do país (varios exemplos poden incluír, Galiciencia[1], Feira da Ciencia de Ribadeo[2], Expociencia[3], Exporecerca Jove[4], Euroscience[5], Google Science Fair[6] etc)

Algunhas delas celébranse en grandes espazos e teñen proxección internacional. Outras son celebradas en institucións educativas de grao medio co fin de achegar os novos descubrimentos ao alumnado.

Introdución[editar | editar a fonte]

Unha feira de ciencia é en xeral unha feira onde os participantes presentan os resultados dos seus proxectos de ciencias en xeito de informe, mural e/ou modelos que teñan creado. As feiras de ciencia permítenlles ós escolares expoñer e, ás veces, tamén competir en actividades de ciencia e/ou tecnoloxía.

Proxectos longos de ciencia son raros nos centros escolares, nos Estados Unidos, lugar onde eclosionou a realización de feiras de ciencia, pero tamén en xeral ó ancho do mundo. As feiras de ciencia proporcionan un mecanismo ós estudantes cun grande interese en ciencia para dispor dun titor que pode coincidir co propio profesor ou ser totalmente alleo, pertencente a unha universidade próxima, por exemplo, e que poden proporcionar instrución e equipamento que os centros de ensino non poden afrontar.

Nos Estados Unidos de América, as feiras de ciencia fixéronse populares nos 1950, coa ISEF, coñecida entón como a Feira de ciencia Nacional. O interese na ciencia estaba por entón alto despois do horror das dúas bombas atómicas e o nacemento da televisión. Ó progresar a década, as historias de ciencia nas noticias, como a vacina de Jonas Salk para combater a polio e os lanzamentos do Programa Sputnik, xuntaron a ciencia ficción e a realidade e trouxeron un número crecente de estudantes ás feiras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Galiciencia". Galiciencia. Consultado o 18/09/2017. 
  2. "Feira da Ciencia de Ribadeo". Feiras de Ciencia. Arquivado dende o orixinal o 15/08/2015. Consultado o 18/09/2017. 
  3. "Colexio Guillelme Brown". Feiras de Ciencia. Arquivado dende o orixinal o 15/08/2015. Consultado o 18/09/2017. 
  4. "Exporecercajove". Magma. Consultado o 18/09/2017. 
  5. "Your Voice on Research in Europe". EuroScience. Consultado o 18/09/2017. 
  6. "Home". Google Science Fair. Consultado o 18/09/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]