Saltar ao contido

Federación de Librarías de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federación de Librarías de Galicia
Logo
Tipoasociación
Data de fundación29 de outubro de 1977
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://librarias.org/
Facebook: LibrariasGal Twitter: LibrariasGal Instagram: librariasgal Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
A Federación de Librarías de Galicia organiza as feiras do libro (coma esta en Vigo en 2016) e as feiras do libro antigo e de ocasión, en varias vilas de Galicia.

A Federación de Librarías de Galicia constituíuse o 29 de outubro de 1977 como unha asociación integrada polos libreiros con establecemento aberto en Galicia.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O obxectivo da asociación é promover e defender os intereses colectivos do sector libreiro. A Federación organiza e colabora na organización de actividades culturais, recreativas ou sociais, como os extinto Premios Irmandade do Libro. Ademais, participa activamente en datas especiais para o fomento da lectura: o Día das Letras Galegas, o Día do Libro, e Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Ten a súa sede na Rúa da República do Salvador, en Santiago de Compostela.

A composición da xunta directiva, dende xullo de 2012, é a seguinte:[2]

  • Presidenta: Pilar Rodríguez Álvarez (Librería Padre Feijoo, Ourense).
  • Vicepresidente: Xosé Antón Pedreira Mirás (Libraría Pedreira, Santiago de Compostela).
  • Secretario: José Manuel García Mosquera (Librería Kathedra, Ourense).
  • Tesoureiro: Francisco Negro Fernández (Librería Platero, Ourense).
  • Vogal: Juan Carlos Sanmiguel Sexto (Alita Comics, A Coruña).
  • Vogal: Xurxo Patiño Pérez (Librouro, Vigo).
  • Vogal: Antonio Martínez Pico (Librería Day, Narón).
  1. ""Quen somos"". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016. 
  2. "La ourensana Pilar Rodríguez elegida presidenta…" La Voz de Galicia, 2/7/2012 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]