Federación Europea de Sociedades Filatélicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A Federación Europea de Sociedades Filatélicas (Federation of European Philatelic Associations, FEPA) é a organización que acolle ás federacións de sociedades filatélicas nacionais europeas membros da Federación Internacional de Filatelia, incluíndo a Federación Filatélica de Israel e está aberta ós países do norte de África aínda que polo de agora só a Federación Filatélica Libia é membro.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundouse en 1989 e ten como obxectivo coordinar as actividades das diferentes asociacións, promover e estimular o coleccionismo entre a xente moza. A FEPA non ten sede permanente, facendo de sede no país onde reside o seu presidente, actualmente Pedro Vaz Pereira de Portugal. O seu órgano é o boletín FEPA News. A lingua oficial de FEPA é o inglés. A FEPA ten as súas propias normas e regulacións para as exposicións filatélicas que organiza coñecidas como FREGEX e que tamén se aplican ás Federacións Nacionais integradas nela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]