Saltar ao contido

Faustino Juste Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFaustino Juste Domínguez
Biografía
Nacemento1871 Editar o valor en Wikidata (152/153 anos)
Salceda de Caselas, España Editar o valor en Wikidata

Faustino Juste Domínguez, nado en Salceda de Caselas en 1871, foi un agrarista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Casimiro Juste, alcalde de Salceda de Caselas na Primeira República. Foi presidente da Federación Agrária Municipal de Salceda en 1914, e o enlace e receptor das remesas do Centro de Proteccion Agrícola do Distrito de Salceda e da Pro-Federación de Agricultores do Distrito de Salceda no Río de Xaneiro. Promoveu a Escola da Paxariña na Feira e o Torreiro da Feira. Foi concelleiro e Tenente Alcalde durante a Ditadura de Primo de Rivera. Coa chegada da República, foi de novo concelleiro republicano até 1936.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Serafina Vaqueiro Martínez en 1899. O seu fillo Salustiano Juste Vaqueiro, emigrante en Río, fixo fortuna e foi un destacado promotor e financiador de obras en Salceda e para o seu barrio da Feira (entre elas o Tele-Club).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]