Saltar ao contido

Faroaldo I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Faroaldo I de Spoleto»)

Faroald I foi o primeiro duque longobardo de Spoleto, sobre o 570. O 579 ocupou e saqueou Classis, o porto de Rávena, pero tivo que evacuar o lugar despois do 584 e antes do 588. Á súa morte sobre o 592 os seus fillos disputáronse a sucesión e, aproveitando a loita, o nobre Ariúlfo proclamouse duque.