Falkonera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Falkonera
Φαλκονέρα
Illa de falkonera
Falkonera en Grecia
Falkonera
Falkonera
Situación
PaísGrecia
Periferias de GreciaÁtica
ArquipélagoIllas Sarónicas
MarMar Exeo
Coordenadas36°50′34″N 23°53′13″L / 36.84278, -23.88694Coordenadas: 36°50′34″N 23°53′13″L / 36.84278, -23.88694
Xeografía
XeoloxíaIlla
Superficie1´29 km²
Longura máxima2´2
Largura máxima0´800
Punto máis alto183
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Falkonera, (grego: Φαλκονέρα) ou Gerakoulia (Γερακούλια) é unha pequena illa grega deshabitada no suroeste do mar Exeo, entre a illa de Milos e o Peloponeso. Aínda que fóra do Golfo Sarónico, en xeral inclúese entre as Illas Sarónicas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Falkonera atópase no Mar de Mirtos, é administrada como parte da Unidade periférica das illas, que forma parte do municipio de Spetses.. As illas máis próximas son Antimilos 30 quilómetros ao leste, Velopoula 38 km ao noroeste e Milos 42 km ao oeste. Spetses atópase a 78 km ao noroeste e o Peloponeso 70 km ao oeste. O illote marca a cima dun macizo tectónico con dirección ONO-ESE, que separa a conca do Mar de Mirtos ao norte da conca de Creta, ao sur.[1]

No leste da illa está o cabo chamado Panaghia ton revmaton (Παναγιά των Ρευμάτων), que significa "Virxe das correntes", e no que hai un faro que foi destruído polos alemáns en 1941 e reconstruído logo da segunda guerra mundial. O punto máis alto da illa é de 183 metros sobre o nivel do mar.[2]

Situada no cruzamento das rutas de navegación O Pireo-Chania e Cabo Malea-Esmirna, considérase un perigo para a navegación debido ás fortes correntes circundantes.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O nome "Falkonera" deriva do italiano "Falconeria", que significa "lugar dos falcóns". Este é tamén o significado do nome grego alternativo, Gerakoulia.

Durante a revolución grega, a illa serviu como punto de unión dos escuadróns de Andreas Miaoulis e Dimitrios Sachtouris antes da campaña de Milos.[3]

Na madrugada do 8 de decembro de 1966, o transbordador SS Heraklion, no camiño da Chania ao Pireo, afundiuse fronte á costa de Falkonera, como resultado perdéronse 217 vidas, 47 superviventes chegaron a Falkonera.[4] Coñecido como o "naufraxio de Falkonera", considérase un dos peores accidentes marítimos da historia grega.[5]

Falkonera forma parte da rede Natura 2000 co código de GR3000011, xunto coas illas próximas deshabitadas de Velopoula e Ananes.[6] a illa ten dúas zonas de vexetación, unha zona da costa tolerante ao sal e unha zona fora do alcance de néboa salina do tipo denominada phrygana en Grecia, e máis en xeral garriga.[7]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Noted by P. Nomikou, D. Papanikolaou, M. Alexandri, "Submarine volcanoes along the Aegean Volcanic Arc", in Tectonophysics, 2012 (inglés)
  2. 2,0 2,1 "NISIS FALKONERA". Marine World Database. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2013. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  3. Gordon, Thomas (1844). History of the Greek revolution (2 ed.). W. Blackwood. p. 209. Consultado o 17 de marzo de 2013. 
  4. Norman Hooke (May 1997). Maritime casualties, 1963-1996. LLP. p. 272. ISBN 978-1-85978-110-4. Consultado o 14 March 2013. 
  5. Papapostolou, A. (December 10, 2010). "Falkonera Shipwreck’s 44th Anniversary". Greek Reporter. Consultado o 17 March 2013. Yesterday, December 8th, marked the 44th anniversary of one of the worst maritime accidents in Greece, widely known as “Falkonera Shipwreck”. 
  6. Natura 2000 GR3000011[Ligazón morta]
  7. Biological character of Falkonera and associated islands.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]