Saltar ao contido

Falacia patética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En crítica literaria denomínase falacia patética ou falacia antropomórfica á adscrición de sentimentos humanos ao inanimado.

A frase creouna John Ruskin en Modern Painters ('Pintores modernos', 1856), quen a utilizou para describir negativamente a quen non mostraba "a verdadeira aparencia das cousas para nós", senón o "extraordinario, ou falsas aparencias, cando estamos baixo a influencia ou emoción da fantasía contemplativa".[1]

Trátase dunha forma de personificación moi frecuente en toda a historia da literatura, xa desde Homero. Hoxe en día carece dese valor pexorativo e utilízase para describir a actuación das forzas da natureza como suxeitos pensantes e sensíbeis. Era moi frecuente no Romanticismo, cando, por exemplo, os ceos se cubrían traxicamente intensificando a dor do protagonista.

Notas

  1. The Penguin Dictionary of Philosophy Second Edition (2005). Thomas Mautner, Editor. p. 455. Abrams, M.H.; Harpham, G.G. (2011) [1971]. A Glossary of Literary Terms. Wadsworth, Cengage Learning. p. 269. ISBN 9780495898023. LCCN 2010941195. The New Encyclopædia Britannica, 15ª edición (1988), volume 9, p. 197.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]