Falacia patética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

En crítica literaria denomínase falacia patética á adscrición de sentimentos humanos ao inanimado.

A frase creouna John Ruskin en Pintores modernos (1856), quen a utilizou para describir negativamente a quen non mostraba "a verdadeira aparencia das cousas para nós", senón o "extraordinario, ou falsas aparencias, cando estamos baixo a influencia ou emoción da fantasía contemplativa".

Trátase dunha forma de personificación moi frecuente en toda a historia da literatura, xa desde Homero. Hoxe en día carece dese valor pexorativo e utilízase para describir a actuación das forzas da natureza como suxeitos pensantes e sensíbeis. Era moi frecuente no Romanticismo, cando, por exemplo, os ceos se cubrían traxicamente intensificando a dor do protagonista.