Fa (música)
Aparencia
Fa en notación latina ou F en notación anglosaxoa, é o nome da cuarta nota musical da escala diatónica de dó maior.
Nome
[editar | editar a fonte]Antes da adopción do solfexo, utilizábase a notación alfabética segundo a cal as notas designábanse mediante letras. Neste sistema a nota fa corresponde á letra "F". Este nome mantense en varios idiomas.
Posteriormente o nome desta nota foi "fa", que deriva do comezo do cuarto verso do himno relixioso Ut queant laxis, empregado por Guido d'Arezzo para nomear todas as notas musicais.
Altura
[editar | editar a fonte]En temperamento igual, o fa por riba do dó medio do piano ten unha frecuencia de aproximadamente 349 Hz .
Notación
[editar | editar a fonte]- En clave de sol sitúase no primeiro espazo do pentagrama.
- Na clave de dó en terceira e cuarta sitúase respectivamente no quinto espazo ou no primeiro espazo adicional do pentagrama.
- Na clave de fa en cuarta colócase no espazo por riba da segunda liña adicional superior.