Lockheed F-104 Starfighter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «F-104 Starfighter»)
Lockheed F-104 Starfighter
O prototipo XF-104 Starfighter
Tipointerceptor e cazabombardeiro
FabricanteLockheed
Primeiro voo17 de febreiro de 1956
Introducido20 de febreiro de 1958
Retirado30 de outubro de 2004 (Italia)
Principais usuariosUSAF
Luftwaffe
Forza Aérea de Autodefensa do Xapón
Forza Aérea Turca
Unidades construídas2 578
Custo unitario1,42 millóns de dólares (F-104G)[1]

O Lockheed F-104 Starfighter é un avión interceptor monomotor supersónico usado amplamente como avión de ataque. Orixinalmente foi desenvolvido por Lockheed para a Forza Aérea dos Estados Unidos de América (USAF), pero posteriormente fabricouse para varios países. O F-104 foi un dos cazas da Century Series, e foi operado polas forzas aéreas de máis dunha ducia de nacións dende 1958 ata 2004. O seu equipo de deseño estivo liderado por Kelly Johnson, que tamén traballou no desenvolvemento dos Lockheed P-38 Lightning, Lockheed U-2 e Lockheed SR-71 Blackbird, entre outros modelos de Lockheed.[2]

O F-104 estableceu varios récords mundiais, como os de velocidade do aire e altitude. O seu éxito estragouse polos escándalos de suborno de Lockheed, nos cales a compañía subornou a un considerable número de políticos e militares de varios países para influír nas súas decisións e asegurar varios contratos; isto causou unha considerable polémica política en Europa e o Xapón.

O pobre rexistro de seguridade do Starfighter tamén levou ao avión a ser criticado polo público, especialmente no seu servizo na Forza Aérea de Alemaña. O as de caza Erich Hartmann viuse forzado a retirarse da Luftwaffe debido á súa aberta oposición á selección do F-104.

A versión final de produción do modelo de caza foi o F-104S, un interceptor todotempo deseñado por Aeritalia para a Aeronautica Militare e equipado con mísiles guiados por radar AIM-7 Sparrow. Un F-104 avanzado cunha á alta, coñecido como o CL-1200 Lancer, tívose en consideración, pero non pasou de ser unha maqueta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Knaack 1978
  2. Leland Haynes (ed.). "Clarence L. "Kelly" Johnson". Consultado o 13 de xuño de 2018.