Saltar ao contido

Lockheed F-104 Starfighter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lockheed F-104 Starfighter
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Armamento
Implicados
 Desenvolvedor/a
 Fabricante
Características
 Total producido
2578 Editar o valor en Wikidata
 Autonomía
2623 km Editar o valor en Wikidata
 Impulsado por
 Armamento
Dimensións
Altura4,09 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude16,66 m
16,69 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura6,36 m e 6,68 m Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional15.000 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
20 de febreiro de 1958 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
31 de outubro de 2004 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
17 de febreiro de 1956 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/0l53f Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O Lockheed F-104 Starfighter é un avión interceptor monomotor supersónico usado amplamente como avión de ataque. Orixinalmente foi desenvolvido por Lockheed para a Forza Aérea dos Estados Unidos de América (USAF), pero posteriormente fabricouse para varios países. O F-104 foi un dos cazas da Century Series, e foi operado polas forzas aéreas de máis dunha ducia de nacións dende 1958 ata 2004. O seu equipo de deseño estivo liderado por Kelly Johnson, que tamén traballou no desenvolvemento dos Lockheed P-38 Lightning, Lockheed U-2 e Lockheed SR-71 Blackbird, entre outros modelos de Lockheed.[1]

O F-104 estableceu varios récords mundiais, como os de velocidade do aire e altitude. O seu éxito estragouse polos escándalos de suborno de Lockheed, nos cales a compañía subornou a un considerable número de políticos e militares de varios países para influír nas súas decisións e asegurar varios contratos; isto causou unha considerable polémica política en Europa e o Xapón.

O pobre rexistro de seguridade do Starfighter tamén levou ao avión a ser criticado polo público, especialmente no seu servizo na Forza Aérea de Alemaña. O as de caza Erich Hartmann viuse forzado a retirarse da Luftwaffe debido á súa aberta oposición á selección do F-104.

A versión final de produción do modelo de caza foi o F-104S, un interceptor todotempo deseñado por Aeritalia para a Aeronautica Militare e equipado con mísiles guiados por radar AIM-7 Sparrow. Un F-104 avanzado cunha á alta, coñecido como o CL-1200 Lancer, tívose en consideración, pero non pasou de ser unha maqueta.

  1. Leland Haynes (ed.). "Clarence L. "Kelly" Johnson". Consultado o 13 de xuño de 2018.