Fútbol tenis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O fútbol tenis (da unión de fútbol e tenis) é un xogo ou exercicio deportivo que combina aspectos dos dous deportes que forman o seu nome.

Características[editar | editar a fonte]

Xógase cunha pelota de fútbol, utilizando calquera parte do corpo fóra das mans e brazos, do mesmo xeito que no fútbol. O xogo practícase nunha cancha de dimensións reducidas, cunha rede que divide en dúas o campo de xogo.

Existen dúas variantes principais; a individual, na que participa un xogador por cada lado, ou a colectiva, na que xeralmente participan dúas ou tres xogadores por equipo. Pódense realizar pases entre os compañeiros do equipo.

O obxectivo é pasar o balón ao área contraria ata que o rival non poida devolvelo correctamente, obtendo un punto favorable. O balón pode dar un bote no campo contrario antes de tocalo un xogador.

As regras son fixadas pola Federación Internacional de Fútbol-Tenis (FIFTA), aínda que na práctica existen varias variantes, xa que o xogo é practicado principalmente de xeito informal ou como exercicio práctico en clubs de fútbol.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]