Fórmula floral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

En botánica, a fórmula floral é unha maneira de representar simbolicamente e estrutura dunha flor mediante o uso de letras, números e outros signos. Tipicamente, utilízase a fórmula floral para representar as características morfolóxicas das flores dunha determinada familia de plantas, máis que as dunha especie en particular.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os símbolos máis utilizados:

K ou Ca= cáliz; por exemplo, Ca5 = indica que a flor ten 5 sépalos.
C ou Co= corola; por exemplo, Co3(x) = significa que os pétalos se presentan nun número que é múltiplo de 3.

Z = engádese se a corola é cigomorfa; por exemplo, KZ6 = indica unha corola cigomorfa con 6 pétalos

A = androceo; por exemplo, A = significa que presenta moitos estames
G = xineceo; así, G(3)1 = indica un xineceo de ovario súpero (por iso o "G" está suliñado), composto per 3 carpelos unidos entre si (por iso o número tres se pon entre parénteses), cun só lóculo e numerosos óvulos por lóculo. A cantidade de lóculos do ovario indícase como subíndice do número de carpelos, o número de óvulos por lóculo indícase como un expoñente.

Exemplo[editar | editar a fonte]

Exemplo da fórmula floral da especie Diplotaxis muralis:

Simboloxía utilizada para as fórmulas florais.

Exemplo: * K4 C4 A4+2 Ḡ(2)
Diplotaxis muralis, flor con:
- Simetría central (actinomorfa)
- Cáliz con catro sépalos libres
- Corola con catro pétalos libres
- Seis estames tetradídimos
- Xineceo bicarpelar súpero con dous carpelos soldados
Flor do exemplo de Diplotaxis muralis

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Font Quer, P. (1993): Diccionario de Botánica. (2 volumes) Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3
  • Strasburger, E. (1994): Tratado de Botánica. 8ª ed. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0079-0

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]