Extensión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En informática, a extensión do nome dun ficheiro apareceu no sistema operativo MS-DOS para diferenciar os diferentes tipos de documentos segundo o seu contido. Naquela altura, os nomes de ficheiro podían ter como máximo oito caracteres para o nome mesmo, e outros tres para a extensión (separada do resto por un punto, como por exemplo autoxec.bat).

Tipos[editar | editar a fonte]

Algunhas das extensións máis coñecidas daquela eran:

  • EXE , COM : Ficheiros executábeis;
  • BAT : Ficheiro batch (de grupo de comandos), equivalente a un script;
  • TXT : Ficheiro de texto sen formato;
  • SYS : Ficheiro necesario para a execución do sistema operacional.

Innumerables tipos foron aparecendo:

  • imaxes: BMP (imaxe en mapa de bits), JPG (ou JPEG, comprimida), PNG (comprimida), TIFF, SVG (vectorizada), GIF (animada)
  • documentos de Office: DOC para Word, XLS para Excel e MDB para Access
  • PDF para Adobe
  • son: MP3
  • vídeos: AVI, FLV, Ogg, MP4

A estrutura interna dos documentos debe corresponder coa súa extensión para que non se produzan problemas.

O xeito de escribir as extensións é con maiúscula ou minúscula, precedida ou non de punto:

  • sys
  • .sys
  • SYS
  • .SYS

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • dotwhat.net, recursos e información sobre as extensións e os tipos de ficheiro (en inglés)