Exaculación retardada
Exaculación retardada | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A exaculación retardada é a incapacidade dun home ou a dificultade persistente de acadar o orgasmo, malia o desexo e a estimulación sexual. Polo xeral, un home pode chegar ó orgasmo poucos minutos despois de coito activo, mentres que un home con exaculación retardada non pode chegar ó orgasmo ou prodúcese despois dunha actividade prolongada de máis de 30 ou 45 minutos.[1] En moitos casos, a exaculación retardada é unha condición na que o home só pode acadar o clímax e exacular durante a masturbación, pero non durante o coito. É a menos común das disfuncións sexuais masculinas e pode ser o resultado dos efectos secundarios dalgunhas menciñas. De acordo cunha enquisa, o 8% dos homes declarou ser incapaz de chegar ó orgasmo durante un período de dous meses no último ano.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Knowles, David R. (1 de xuño de 2005). "Delayed ejaculation". A.D.A.M. Medical Encyclopedia. A.D.A.M., Inc. Consultado o 24 de maio de 2007.
- ↑ Strassberg, D. S., & Perelman, M. A. (2009). Sexual dysfunctions. In P. H. Blaney & T. Millon (Eds.), Oxford textbook of psychopathology (2nd ed.), (pp. 399–430). NY: Oxford University Press.