Ex Models

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ex Models
2111exmod09.jpg
Orixe Brooklyn, Nova York, Flag of the United States.svg
Xénero(s) no wave
Membros Shahin Motia
Zach Lehrhoff
Mike Masiello
Shahryar Motia
Jake Fiedler

Ex Models é unha banda de no wave estadounidense procedente de Brooklyn, Nova York.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A banda, que xira ao redor dos irmáns Shahin e Shahryar Motia, fundouse cando aínda estaban no instituto. Editaron o seu primeiro álbum, Other Mathematics, no ano 2001 a través do selo Ace Fu Records.

O seu segundo álbum, Zoo Psychology, editouse dous anos despois. Colle ideas do seu anterior traballo, pero as cancións fanse máis sucias e ruidosas, con peculiares cambios de tempo. Nese tempo o baixista Mike Masiello deixou a banda e Zach Lehrhoff reemprazouno, proporcionando tamén voces.

De cara 2005 a banda reducírase a un dúo formado por Shahin e Zach que editaron o seu terceiro álbum, Chrome Panthers, tomando unha nova dirección, máis repetitiva e minimalista. Kid Millions, da banda Oneida, axudou a gravar as baterías e tamén realizou algún concerto con Ex Models. Finalmente os ritmos fixéronse máis primitivos e a banda chegou a utilizar tres baterías sobre o escenario.

No ano 2007, a formación clásica de Motias, Zach e o batería Jake Fiedler actuaron no East River Park de Nova York. Porén, a reunión con Fiedler foi curta, e os tres membros restantes comezaron a tocar como Knyfe Hyts, unha banda máis orientada cara o metal.

Discografía[editar | editar a fonte]