Extinción masiva do Holoceno
A extinción masiva do Holoceno é un nome dado á extinción sostida e xeneralizada de especies que ocorre no último período xeolóxico, o Holoceno. A extinción abrangue dende o mamut até o dodo, incluíndo incontables especies que desaparecen cada ano.
Características
[editar | editar a fonte]A extinción masiva do Holoceno comprende a notoria desaparición de mamíferos grandes, coñecidos como megafauna, preto do final da derradeira glaciación entre 9.000 e 13.000 anos atrás. Tales desaparicións consideráronse como consecuencia do cambio climático, como resultado da diseminación e proliferación do humano moderno, ou ambas.
Estas extincións implican a moitas familias de plantas e animais. Ao comezo do Holoceno, despois da derradeira glaciación, trátase principalmente dos continentes e illas recentemente conquistadas polo Homo sapiens as que viron desaparecer as súas principais especies. Dende comezos do século XIX, e en aceleración constante desde o decenio de 1950, as desaparicións implican a especies de todos os tamaños, e ocorren principalmente nas selvas tropicais, que teñen unha gran biodiversidade. A actual taxa de extinción é de 100 a 1000 veces a media atopada na historia natural da evolución do planeta e en 2007 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza considera que unha especie de aves de cada oito, unha de mamíferos de cada catro, unha de anfibios de cada tres e o 70% de todas as plantas están en perigo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "L'extinction des espèces s'accélère". LExpress.fr (en francés). 2007-09-12. Consultado o 2022-04-09.
- ↑ A sexta extinción de especies pódense evitar, de Christiane Galus lemonde.fr, 13 de agosto de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- (en inglés) The Current Mass Extinction Event
- (en inglés) American Museum of Natural History official statement on current mass extinction
- (en inglés) The Extinction Website
- (en inglés) Peter Raven on the current mass extinction Raven, director of the Missouri Botanical Garden, explains present-day biodiversity loss.
- (en español) Homo Extintor Reflexión dende a sexta extinción masiva do holoceno.