Europa (foguete)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Europa 2»)
Europa I / Europa II
FunciónLanzador espacial lixeiro
país de orixeEuropa[1][2]
Tamaño
altura33,0 m (Europa I)[1], 31,7 m (Europa II) [3]
diámetro3,05 m[1][3]
masa104.670 kg (Europa I)[1], 111.700 kg (Europa II)[3]
Etapas3 (Europa I)[1], 4 (Europa II)[3]
Carga LEO
masa200 kg (Europa I)[1], 1160 kg (Europa II)[3]
Carga GTO
masa360 kg (Europa II)[3]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1][3]
SitiosWoomera (Europa I)[1], Centro Espacial de Kourou (Europa II)[2][3]
Total de lanzamentos7 (Europa I)[1], 1 (Europa II)[2][3]
exitosos2 (Europa I)[1], 0 (Europa II)[2][3]
fallos5 (Europa I)[1], 1 (Europa II)[3]
Voo inaugural23 de maio de 1966 (Europa I)[1], 5 de novembro de 1971 (Europa II)[1][2] (lanzamento único)
Último voo12 de xuño de 1970 (Europa I)[1][2]
Primeira etapa – Blue Streak[1][2][3]
altura18,75 m[1]
diámetro3,05 m[1]
masa baleiro6997 kg[1]
masa cheo89.406 kg[1]
impulsado por2 RZ.2[1][2]
potencia máxima1672,671 kN[1]
Impulso específico282 s (248 s a nivel do mar)[1]
propelenteQueroseno/oxíxeno líquido[1]
Segunda etapa – Coralie[1][2]
altura5,70 m[1]
diámetro2,00 m[1]
masa baleiro2099 kg[1]
masa cheo11.894 kg[1]
impulsado por4 Vexin A[1]
potencia máxima274,0 kN[1]
Impulso específico277 s (240 s a nivel do mar)[1]
propelenteTetróxido de nitróxeno/UDMH[1]
Terceira etapa – Astris[1][2]
altura3,36 m[1]
diámetro2,00 m[1]
masa baleiro610 kg[1]
masa cheo3370 kg[1]
impulsado por1 Astris[1]
potencia máxima23,33 kN[1]
Impulso específico310 s[1]
propelenteTetróxido de nitróxeno/Aerozine 50[1]
Cuarta (só Europa II) etapa – P068[2][3]
editar datos en Wikidata ]


Europa (Gl-Europa.ogg pronunciación ) foi o nome dunha serie de foguetes europeos desenvolvidos na década de 1960 pola ELDO (European Launcher Development Organisation) e composta polo Europa I e o Europa II.[1][2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

Os foguetes Europa foron os primeiros lanzadores espaciais desenvolvidos por unha organización europea. O Europa I estaba formados por unha primeira etapa británica Blue Streak, unha segunda etapa francesa Coralie e unha terceira etapa alemá Astris, e o Europa II levaba unha cuarta etapa adicional P068. A cofia foi desenvolvida por Italia e os sistemas de seguimento do foguete, polos Países Baixos e Bélxica. Australia tamén participou no proxecto a cambiou do uso das instalación de lanzamento en Woomera. Só dous dos oito lanzamentos de proba tiveron éxito e o proxecto finalmente foi cancelado para dar paso ó desenvolvemento dos foguetes Ariane por parte da sucesora da ELDO, a ESA.[1][2][3]

O plan para as probas dos foguetes tiña tres partes:

  • Na fase 1 terían lugar tres voos suborbitais con tan só a primeira etapa para probar os cambios feitos nela para formar parte do foguete Europa e probar tamén algúns dos sistemas de guiado, seguimento e telemetría. Os lanzamentos fixéronse desde Australia occidental e realizáronse con éxito.
  • Na fase 2 tamén habería tres voos suborbitais, coa primeira etapa Blue Streak e maquetas da segunda e terceira etapas. As maquetas serían substituídas en cada voo consecutivo polas correspondentes etapas funcionais: no segundo voo voaría unha segunda etapa funcional e no terceiro, a terceira etapa, completando o foguete.
  • Na fase 3 levaríanse a cabo catro lanzamentos a órbita para declarar o foguete operativo en 1970.

De todas as fases, só a 1 finalizou con éxito. Todos os voos da fase 2 foron un fracaso, cos fallos concentrándose nas etapas 2 e 3. Para compensar os fallos, lanzouse un foguete adicional durante a etapa 2, que tamén fracasou. Fíxose un último intento cun Europa II, simplemente engadindo unha cuarta etapa, pero tampouco tivo éxito, poñendo fin ó programa de foguetes Europa. Tralo peche do programa, o Reino Unido abandonou a ELDO, dando fin ao mesmo tempo á organización. O programa de lanzadores renacería baixo a ESA e o liderado francés, o que daría lugar ós foguetes Ariane.

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas
1 23 de maio de 1966 Woomera N/A Éxito. Primeiro voo suborbital con só a primeira etapa.
2 14 de novembro de 1966 Woomera N/A Éxito Segundo voo suborbital con só a primeira etapa.
3 4 de agosto de 1967 Woomera N/A Fallo Fallo da segunda etapa.
4 4 de decembro de 1967 Woomera N/A Fallo Fallo da segunda etapa.
5 29 de novembro de 1968 Woomera N/A Fallo Fallo da terceira etapa.
6 2 de xullo de 1969 Woomera N/A Fallo Fallo da terceira etapa.
7 12 de xuño de 1970 Woomera N/A Fallo A cofia non se separou.
8 5 de novembro de 1971 Centro Espacial de Kourou N/A Fallo Fallo estrutural da etapa 3. Fin dos voos dos foguetes Europa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 1,40 1,41 1,42 1,43 1,44 1,45 1,46 1,47 Mark Wade (2011). "Europa I" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Europa" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 Mark Wade (2011). "Europa II" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]