Euclydes Pontes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaEuclydes Pontes
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor em Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Morte2003 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

Euclydes Pontes (1908-2003) foi un filatelista brasileiro.

Naceu en Río de Xaneiro, estudou enxeñería civil e militar. En 1965 acadou o grao de xeneral do exército do Brasil. Comezou na filatelia en 1932 facendo unha colección sobre Brasil pero foi sobre todo coñecido pola súa colección de temática relixiosa "María, mediadora de todas as grazas" que recibiu importantes premios da filatelia temática brasileira.

Foi director de trocos do Club Filatélico do Brasil, presidente da Unión Mundial San Gabriel. Foi un dos fundadores da Federación Brasileira de Filatelia e o seu presidente entre 1976 e 1997. Dende 1979 foi xurado internacional da Federación Internacional de Filatelia e organizou os congresos da FIP en 1979 e 1983. Autor de Os selos do Brasil e o Panamericano (1946) e A Filatelia Argentina e o Panamericanismo (1950).