Estrella, Renfe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrella Costa Brava en 2011.
Compartimento de literas do Estrella Pío Baroja.

O Estrella era un servizo nocturno de Longa Distancia ofrecido por Renfe Operadora en España, que permitía unir grandes cidades saíndo da cidade de orixe pola tarde ou noite dun día determinado e chegando ao destino ao día seguinte pola mañá. Tiña unha velocidade comercial máxima de 160 km/h.

Era o servizo nocturno máis antigo que ofrecía RENFE dende a súa creación en 1985, e as súas rutas foron desaparecendo ao construírse as diferentes liñas de alta velocidade ou sustituíronse por Trenhoteles, servizo nocturno de gama alta. O 6 de abril de 2015 desapareceu o último Estrella que seguía circulando: o Estrella Costa Brava, entre Madrid e Barcelona.

Clases[editar | editar a fonte]

Os trens Estrella contaban coas clases seguintes:

  • Gran Clase
  • Litera
  • Preferente
  • Prazas Sentadas Preferente
  • Prazas Sentadas Turista

Servizos[editar | editar a fonte]

  • Estrella Costa Brava: Madrid - Barcelona - Cerbère (actualmente AVE)
  • Estrella Picasso: Bilbao - Málaga (actualmente Alvia)
  • Estrella Surexpreso: Lisboa - Irún / Hendaia (actualmente Trenhotel Surexpreso)
  • Estrella Galicia: Barcelona - A Coruña / Vigo (actualmente Trenhotel Galicia)
  • Estrella Atlántico: Madrid - Ferrol (actualmente Trenhotel Atlántico)
  • Estrella Costa Cálida: Madrid - Cartaxena (actualmente Altaria)
  • Estrella Costa de la Luz : Madrid - Cádiz/Huelva (actualmente Altaria)
  • Estrella Costa del Sol : Madrid - Málaga (actualmente AVE)
  • Estrella Costa Vasca: Madrid - Bilbao / Hendaia (actualmente Alvia)
  • Estrella Costa Verde: Madrid - Xixón / Santander (actualmente Alvia)
  • Estrella del Estrecho: Madrid - Alxeciras (actualmente Altaria)
  • Estrella Gibralfaro : Barcelona - Cádiz / Málaga (actualmente Trenhotel Gibralfaro)
  • Estrella Mar Menor : Barcelona - Cartagena (actualmente Talgo Mare Nostrum)
  • Estrella Media Luna : Irún / Portbou - Alxeciras
  • Estrella Pío Baroja nas relacións Barcelona - Bilbao / Hendaia / Zamora / Xixón / Salamanca (actualmente Alvia a Bilbao e Trenhotel Asturias a Xixón)
  • Estrella Puerta del Sol: Madrid - París (actualmente Trenhotel Francisco de Goya)
  • Estrella Sierra Nevada : Madrid - Granada / Almería (actualmente Altaria e Talgo respectivamente)
  • Estrella Sol de Levante: Alacant - País Vasco, vía Valencia, Tarragona, Lleida, Zaragoza e Castejón de Ebro, ramas a Bilbao vía Miranda de Ebro e Irún vía Pamplona e San Sebastián (servizo suprimido)