Estipe (botánica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Longo estipe da flor de Helicteres.

En botánica, un estipe é unha estrutura de soporte que pode comportarse como un caule, facendo parte do talo de algas mariñas, ou dun talo de follas verdadeiras, como nos fieitos.

No caso dos fieitos, o estipe é só o pecíolo (o talo) desde o rizoma até o comezo do tecido foliar, ou lámina. A continuación da estrutura dentro da lámina termina logo no raque.

Esta estrutura é particularmente común en algas pardas, como as Laminariales.

Pero o estipe tamén se presenta nos vexetais, sendo o soporte dos carpelos.

Nas orquídeas, o estipe ou caude, é o soporte das partes florais de polinia: é unha banda non viscide conectada coa masa de pole (polinia) polo viscide (a parte do viscide do rostelo ou bico).

Un estipe é tamén o , soporte dos corpos frutíferos dalgúns fungos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]