Esteo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un esteo[1] é un elemento construtivo vertical que serve de soporte a algo, especificamente pódese referir a:

  • Piar, en enxeñería e arquitectura é un elemento vertical sustentante exento dunha estrutura, destinado a recibir cargas verticais para transmitilas á cimentación e que ten sección poligonal.
  • Pé de hórreo, elemento ou columna sobre a que se ergue a cámara do celeiro e na que apoia o tornarratos.
  • Fincón, pau que, colocado verticalmente, sostén a cabezalla do carro, baldón, gastallo, pendallo, postallo, sopostallo, tentemozo.
  • Estaca, pau groso e aguzado que se crava na terra, ou noutro sitio, para diversos usos, por exemplo na agricultura: espeque para soster unha vide; en agrimensura e catastro: para soster un valado.

Notas[editar | editar a fonte]