Estadio Nacional de Pequín
Estadio Nacional de Pequín 国家体育场/國家體育場 | |
---|---|
Alcumado "Niño de Paxaro" | |
Datos | |
Coordenadas | 39°59′30″N 116°23′26″L / 39.991544, 116.390478 |
Localización | Pequín, China |
Construción | |
Inauguración | xuño de 2008 |
Arquitecto | Jacques Herzog Pierre de Meuron |
Custo | 4 billóns de iuáns (USD $500 millóns) |
Estadio | |
Superficie | Pasto |
Dimensións | longo: 330 m, ancho: 220 |
Capacidade | 91.000 |
Propietario | Goberno da República Popular da China |
Operadora | CITIC Group |
Web | http://www.n-s.cn/en/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Estadio Nacional de Pequín (en chinés: 国家体育场/國家體育場, guójiā tǐyùchǎng) foi o estadio Olímpico para os Xogos do 2008 en Pequín, China, deseñado polos arquitectos suízos Jacques Herzog e Pierre de Meuron, os mesmos arquitectos que deseñaron o estadio Allianz Arena. Con eles colaborou na parte artística, o artista chinés Ai Weiwei.
O Estadio Nacional de Pequín, é comunmente chamado niño de paxaro, debido á rede de aceiro que o cobre. Ten 330 metros de longo, 220 ms de ancho e 69 ms de altura. É un dos catro proxectos que o goberno do país encargou a diversos arquitectos do mundo. Está equipado cun sistema de enerxía solar e de recollida de auga de choiva para a súa rega e limpeza.
Acollerá as cerimonias de inauguración e clausura, as probas de atletismo e a final de fútbol nos XXOO de Pequín.
O Estadio Olímpico de Pequín é, a xuízo dos arquitectos "un brillante desafío estético e estrutural" cuxa audacia artística e técnica tivo necesariamente que impresionar a un xurado do que formaban parte impresionantes profesionais como Koolhaas, Nouvel ou Perrault, outorgando así aos arquitectos suízos o encargo maior e quizais máis decisivo das súas carreira.
Á parte do "Estadio Nacional de Pequín" atópase en construción o "Centro Nacional de China", A "sede da Televisión Central de China" e "O Gran Teatro Nacional".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estadio Nacional de Pequín |