Estación de Verona Porta Vescovo
Estación de Verona Porta Vescovo | |
---|---|
A estación de Porta Vescovo ca. 1890 |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
A estación de Verona Porta Vescovo é unha estación de ferrocarril da cidade italiana de Verona que presta servizo aos trens rexionais de Trenitalia.
Historia
[editar | editar a fonte]A Porta Vescovo foi a primeira estación de ferrocarril da cidade, inaugurouse en 1847, durante a época austríaca, e foi unha estación moi frecuentada, Verona era entón unha das principais fortalezas militares de Europa e en tren viñan gran cantidade de tropas e convois militares, a propia localización da estación estaba condicionada ás esixencias defensivas, xa que se edificou próxima a unha ampla zona de uso militar, o Campo de Marzo, destinada a almacéns e a transportes militares. En 1852 inaugurouse unha nova estación, a da Porta Nuova máis próxima á cidade e despois da primeira guerra mundial a da Porta Vescovo acabou converténdose en secundaria.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Verona Porta Vescovo |