Estación de Bioloxía Mariña da Graña
Estación de Bioloxía Mariña da Graña | |
---|---|
Tipo | instituto de investigación |
En | A Graña |
País | Galicia |
43°28′44″N 8°15′39″O / 43.478851357126, -8.2607500178827 | |
Na rede | |
https://www.usc.gal/gl/servizos/ebmg/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Estación de Bioloxía Mariña da Graña é unha institución científica pertencente á Universidade de Santiago de Compostela que está situada na parroquia da Graña no concello de Ferrol, e dentro da ría de Ferrol. A finalidade desta institución, dirixida por Victoriano Urgorri, é o maxisterio e a investigación da bioloxía mariña en xeral e o asesoramento e difusión en todos os temas e estudos relacionados coa fauna e flora mariñas de Galicia. Tamén serve como un instrumento para as relacións e intercambios de coñecementos científicos entre outras institucións semellantes e universidades do estado español e o resto do mundo.
A Estación está composta de dous edificios singulares, a Casa do Hórreo e a Casa da Estrela. Estas dúas antigas construcións foron rehabilitadas con fondos europeos para adecualas á investigación. Conta cunha superficie duns 900 m² e os equipamentos seguintes:
- 4 laboratorios.
- Biblioteca e sala de ordenadores.
- 8 cuartos cun total de 28 prazas.
- Sala de mergullo.
- Sala de lecer, comedor e cociña.
- Aula e sala de mergullo.
- 2 cámaras de conxelación.
- Cámara de investigación con control de temperatura e fotoperíodo.
- Tanque de auga de mar de 15 m³.
- 2 barcos de 12 e 5,25 m de eslora respectivamente.
Imaxes da Estación
[editar | editar a fonte]-
Casa do Hórreo
-
Casa da Estrela
-
As casas no fondo da rúa co peirao