Espinete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Espinete foi un personaxe televisivo, protagonista principal da versión española de Sesame Street (Barrio Sésamo) que se emitiu durante os anos 1980, interpretado pola actriz Chelo Vivares. Un monicreque que simbolizaba ser un ourizo cacho xigante (medía máis de 1,80 m) de cor rosa, que xunto co seu inseparábel amigo Don Pimpón moraba nun barrio con varios personaxes da serie, de carne e óso.

Moraba nun alboio de cor verde e era popular polo seu desenfadado e infantil xeito de ser; na mairía das ocasións víaselle a xogar con tres nenos.

Espinete é unha creación do ideador de monicreques Kermit Love, ao que TVE pediulle a creación dun animal máis axeitado á idiosincrasia nacional tralo fracaso da Gallina Caponata. Pensouse nunha aguia, mais Kermit non daba abasto coas numerosas peticións dos distintos países nos que se producía Sesame Street. Mr. Love fixera a espinete para Israel, pois o porco espiño é o símbolo da fauna do estado xudeu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]