Saltar ao contido

Especie estenoica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Artemia salina é un crustáceo que vive nun medio biotopo moi concreto formado por charcas de auga salgada nas zonas litorais, polo que se trata dunha especie estenohalina

As Especies estenoicas son especies moi esixentes respecto aos valores acadados por un determinado factor, presentan uns límites de tolerancia estreitos. Cando se dan as condicións óptimas, o número de individuos é elevado. Estas especies, adoitan ser K estrategos.

Características das especies estenoicas

[editar | editar a fonte]

No medio existen diversos factores que inflúen no crecemento dunha determinada especie. Estes factores atópanse dentro duns rangos máximo e mínimo que en conxunto levan o nome de valencia ecolóxica. Segundo como sexa a amplitude para un determinado factor da valencia ecolóxica, existen especies que posúen amplos rangos de valencia ecolóxica para un factor concreto, e outras especies que, pola contra, posúen rangos estreitos para ese mesmo factor. Estas últimas son as especies estenoicas, e este comportamento é propio de seres vivos moi ben adaptados a un determinado ambiente que mantén no tempo unhas características constantes. Non son especies que toleren ben os cambios bruscos xa que teñen dificultades para adaptarse as novas situacións ambientais. Por isto último se considera que os individuos estenoicos son especialistas, en canto a que se adaptan mellor ao medio no que viven, sempre que as súas condicións non varíen, respondendo de maneira máis eficaz cando se dan estas condicións.

Principais factores ecolóxicos que inflúen nas especies estenoicas

[editar | editar a fonte]

Os factores ecolóxicos son aqueles elementos do medio que poderían actuar directamente sobre os seres vivos o durante algunhas das súas fases de desenvolvemento. Entre os factores que máis inflúen no comportamento estenoico das plantas temos: a luz, a temperatura, o fósforo, a humidade, a salinidade o nitróxeno, e o pH. Segundo o dito anteriormente, as especies que se moven en rangos estreitos para factores tales como temperatura levarán o nome de especies estenotermas, as que teñan límites estreitos para a salinidade seran estenohalinas etc.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.