Martha Coston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMartha Coston

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1826 Editar o valor em Wikidata
Baltimore, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xullo de 1904 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Laurel Hill (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventora , bailarina Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 42249277 Editar o valor em Wikidata

Martha Jane Coston, nada en Baltimore o 12 de decembro de 1826 e finada en Filadelfia o 9 de xullo de 1904, foi unha inventora e empresaria estadounidense, coñecida pola invención da bengala Coston, un dispositivo de sinalización no mar patentado nos Estados Unidos e países europeos e utilizado por Salvamento Marítimo a nivel mundial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coston comezou unha relación aos 14 anos, con Benjamin Franklin Coston, de 19 anos, que xa se gañara unha reputación de inventor prometedor e co que formou parella tanto no persoal como profesional.[1]

Deseño da bengala e o negocio[editar | editar a fonte]

Trala morte do seu marido e durante case dez anos, Coston traballou para desenvolver un sistema de sinalización de bengalas a partir do traballo do seu marido. Cun coñecemento limitado de química e pirotecnia, confiou no consello de químicos contratados e expertos en fogos artificiais, con resultados diversos.

En 1858, mentres presenciaba o espectáculo de fogos artificiais na cidade de Nova York para celebrar a finalización do cable telegráfico transatlántico, deuse conta de que o seu sistema necesitaba un escintileo azul brillante, xunto co vermello e o branco que xa desenvolvera. Entón creou a Coston Manufacturing Company para fabricar as bengalas de sinalización e comezou unha relación comercial cun desenvolvedor de pirotecnia para proporcionar a cor azul necesaria.[2]

O 5 de abril de 1859, concedéuselle a patente número 23.536 dos Estados Unidos para un sinal pirotécnico nocturno e un sistema de código (a patente foille concedida como administradora do seu defunto esposo, que foi nomeado como inventor). Usando diferentes combinacións de cores, permitía aos barcos facerse sinais uns a outros e tamén á costa.

O Capitán C.S. McCauley da Mariña dos Estados Unidos recomendou o uso das súas bengalas ao Secretario da Mariña, Isaac Toucey, en 1859. Despois de extensas probas que demostraron a efectividade do sistema, a Mariña dos Estados Unidos ordenou un pedido inicial de 300 bengalas e máis tarde fixo un segundo pedido por un valor de 6.000 dólares.[3]

Éxitos internacionais e a Guerra de Secesión[editar | editar a fonte]

Coston obtivo patentes tamén en Inglaterra, Francia, Italia, Dinamarca, Suecia e os Países Baixos. Viaxou en barco a Inglaterra para comezar a comercializar a súa invención alí e noutras partes de Europa. Permaneceu en Europa até 1861, cando regresou aos Estados Unidos ao estalar a Guerra de Secesión naquel país.

Ao volver, foi directamente a Washington, onde solicitou ao Congreso a compra da patente para que as bengalas puidesen ser utilizadas no conflito que se aveciñaba. Despois dalgún atraso, o Congreso aprobou unha lei o 5 de agosto de 1861 autorizando á Mariña dos Estados Unidos a comprar a patente.

As bengalas Coston foron utilizadas amplamente pola Mariña dos Estados Unidos durante a Guerra Civil. Resultaron particularmente efectivas no descubrimento e captura de corredores de bloqueo do bando confederado durante o bloqueo dos portos do sur por parte do bando unionista. As bengalas de Coston tamén xogaron un papel importante na coordinación das operacións navais durante a batalla de Fort Fisher en Carolina do Norte do 13 ao 15 de xaneiro de 1865.[4]

En 1871, Coston obtivo unha patente no seu propio nome, a patente número 115.935 de Mellora en Sinais Nocturnos Pirotécnicas.

Uso da bengala Coston no Servizo de Salvamento dos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Finalmente, todas as estacións do Servizo de Salvamento dos Estados Unidos foron equipadas con bengalas Coston, que se utilizaron para sinalizar aos barcos, advertir das perigosas condicións costeiras e convocar a surfistas e outros rescatadores en caso do naufraxio. Moitos relatos de naufraxios e rescates describen o uso da bengala Coston, que foi fundamental para salvar miles de vidas.

Martha Coston morreu en 1904. pero a súa compañía sobreviviulle, pasando máis tarde a chamarse Coston Signal Company e Coston Supply Company, e permaneceu en activo até 1985.[5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2006 Martha Coston foi admitida no Salón da Fama dos Inventores Nacionais.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Martha Jane Hunt Coston (1826-1904) Ciencia y más". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-12-15. Consultado o 2020-06-16. 
  2. "Martha Coston". Consultado o 25 de xuño de 2011. 
  3. Mary Bellis. "Martha Coston - Maritime Signal Flares". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2011. 
  4. Pilato. "Martha Coston". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 25 de xuño de 2011. 
  5. "Martha Coston, la bonne fée des fusées éclairantes" (en francés). 14 de agosto de 2018. Consultado o 17 de abril de 2019. 
  6. "Spotlight | National Inventors Hall of Fame". Invent.org. 21 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2016. Consultado o 29 de maio de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Coston, Martha J. A Signal Success. The Life and Travels of Mrs. Martha J. Coston, Lippincott Co., Philadelphia, PA, 1886.
  • Shanks, Ralph, e York, Wick, The United States Life-Saving Service, páxinas 123-125, Costaño Books, Petaluma, CA 1996 ISBN 0-930268-16-4   
  • Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.
  • Palacios, Mercedes (2020). Visionarias. Inventoras desconocidas. Ed. Bridge. ISBN: 9788416670888.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • A Woman With Flare (en español, Una muller con bengala), por C. Kay Larson, New York Times, 2 de novembro de 2012 (en inglés)
  • Martha Coston en Find a Grave (en inglés)