Fosa infraespiñal da escápula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fosa infraespiñal da escápula
Vista posterior da escápula
Latín fossa infraspinata
Gray tema #50 203

A fosa infraespiñal da escápula é unha formación ósea da superficie posterior. Está situada por debaixo da espiña escapular e é de maior tamaño cá fosa supraespiñal da escápula. Presenta unha convexidade nas zonas máis internas, ausente nas partes máis laterais. Os dous terzos mediais reciben a orixe do músculo infra-espiñal, que discorre polo terzo externo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.