Biodispoñibilidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A biodispoñibilidade é un termo farmacéutico que se usa para describir a porción da dose, dun fármaco ou nutriente administrado de maneira esóxena, que chega ata o órgano ou tecido no que leva a cabo a súa acción (por exemplo, no sistema circulatorio). Así, cando se administra un fármaco de forma intravenosa, a súa dispoñibilidade aproxímase ao 100%. Pola contra, cando un medicamento adminístrase mediante outras vías (como por exemplo a vía oral ou tópica) a súa biodispoñibilidade diminúe (a causa da absorción incompleta e o metabolismo primario). A biodispoñibilidade é unha das ferramentas esenciais na farmacocinética que se considera para calcular doses para as vías de administración non intravenosas. Como determinar a concentración do xenobiótico nun tecido resulta excesivamente invasivo, acostuma aceptarse o valor da concentración do mesmo no plasma. Pode expresarse en porcentaxe ou nunha escala que vai dende o 0 ata o 1, e represéntase pola letra F.

Este concepto pode utilizarse para cuantificar o grao en que unha substancia é aproveitada polo organismo.

Biodispoñibilidade absoluta[editar | editar a fonte]

A biodispoñibilidade absoluta mestura a dispoñibilidade do fármaco activo no torrente circulatorio despois dunha administración non intravenosa (por exemplo: oral, rectal, transdèrmica o subcutánea).

Para determinar a biodispoñibilidade absoluta dun fármaco, débese facer un estudo farmacocinético para obter unha gráfica da concentración plàsmica do fármaco fronte o tempo despois da administración intravenosa e a extravascular. A biodispoñibilidade absoluta é a área sobre a curva (ASC) da gràfica extravascular dividida pola ASC da gràfica intravenosa.

Tendo en conta así que o fármaco administrado por vía intravenosa terá unha biodispoñibilidade d'1 (F=1). Os fármacos administrados mediante outras vías terán unha biodispoñibilidade abosoluta de menos d'1.

Algúns exemplos de biodispoñibilidade[editar | editar a fonte]