Acordo de Libre Comercio entre a China e Taiwán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Acordo de Libre Comercio entre a China e Taiwán (chinés: 海峽兩岸服務貿易協議 pinyin: Hǎixiá Liǎng'àn Fúwù Màoyì Xiéyì) é un acordo asinado entre a China continental e Taiwán que ten como obxectivo reducir as barreiras económicas e comerciais entre os dous territorios e é produto dun acordo xeral de comercio preferencial entre os dous países asinado en xuño de 2010 en Chongqing.

Contexto[editar | editar a fonte]

O acordo asinárono dúas organizacións semioficiais dedicadas ás relacións comerciais entre dous territorios o 21 de xuño de 2013 en Shanghai[1]. O 18 de marzo de 2014, centos de estudantes taiwaneses ocuparon o Parlamento de Taiwán cando este ía referendar o acordo.

Acordo[editar | editar a fonte]

O acordo consiste en catro capítulos e 24 artigos, e abre 64 sectores económicos taiwaneses aos investimentos da China continental a cambio da apertura de 80 sectores chineses [2].

Reacción en Taiwán[editar | editar a fonte]

O 18 de marzo de 2014 varios centos de mozos taiwaneses ocuparon o hemiciclo do parlamento taiwanés, manifestándose contra a aprobación do acordo polo lexislativo [3], considerando que o acordo prexudica a economía de Taiwán deixándoa vulnerable ás presións políticas de Pequín [4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Christophe Jqffrelot,La frontière sino-taiwanaise"CERISCOPE", 21/03/2014
  2. Taipei Times, SERVICES PACT: TSU knocks cross-strait service trade agreement, 23 de xuño de 2013
  3. Brice Pedroletti,A Taipei, l'accord de libre-échange sino-taïwanais provoque la colère des étudiants"Le Monde", 20/03/2014
  4. "Protesters occupy Taiwan parliament over China trade deal". BBC. 19 de marzo de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2014. 
  5. Slideshare, ed. (13 de setembro de 2013). "服貿自救寶典(I) : 服貿協議將對誰有影響". Consultado o 19 de marzo de 2014.