George Steiner: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
cat
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: la:Georgius Steiner
Liña 28: Liña 28:
[[fr:George Steiner]]
[[fr:George Steiner]]
[[it:George Steiner]]
[[it:George Steiner]]
[[la:Georgius Steiner]]
[[nl:George Steiner]]
[[nl:George Steiner]]
[[pt:George Steiner]]
[[pt:George Steiner]]

Revisión como estaba o 1 de novembro de 2008 ás 07:40

Ficheiro:SteinerBk.jpg
Libro de Steiner

Francis George Steiner (nado en París o 23 de abril de 1929), é un crítico e teórico da literatura e da cultura, e escritor. Trátase dun dos intelectuais de influencia internacional máis relevantes desde mediados do século XX.

O seu ámbito de interese principal é a literatura comparada. A súa obra como crítico tende á exploración, con recoñecida brillantez, de temas culturais e filosóficos de interese permanente, contrastando coas correntes máis actuais polas que transitou boa parte da crítica literaria contemporánea. A súa obra ensaística exerceu unha importante influencia no discurso intelectual público dos últimos cincuenta anos.

Contribúe habitualmente cos seus artigos para revistas e xornais, entre os que se inclúen The New Yorker, The Times Literary Supplement e The Guardian.

Publicou, ademais, varias novelas e libros de poesía.

A súa relación coa cultura galega era só obxecto de comentarios entre eruditos e teóricos da literatura até que en agosto de 2008 fixo as seguintes declaracións sobre o noso idioma do xornal El País[1]:

"(Steiner): me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego.
(entrevistador): Igual que es obligatorio en Cataluña compartir el catalán con el castellano.
(Steiner): Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?"

Este comentario subscitou ampla polémica no eido cultural galego.

Referencias