Dez mandamentos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Synthebot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fa:ده فرمان Modificado: ca:Deu manaments
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tl:Sampung Utos ng Diyos
Liña 96: Liña 96:
[[te:పది ఆజ్ఞలు]]
[[te:పది ఆజ్ఞలు]]
[[th:บัญญัติ 10 ประการ]]
[[th:บัญญัติ 10 ประการ]]
[[tl:Sampung Utos ng Diyos]]
[[tr:On Emir]]
[[tr:On Emir]]
[[uk:Десять заповідей]]
[[uk:Десять заповідей]]

Revisión como estaba o 25 de outubro de 2008 ás 19:12

Decálogo de Jekuthiel Sofer, 1768, que imita a distribución en dúas táboas. Bibliotheca Rosenthaliana, Amsterdam.

Os Dez Mandamentos ou Decálogo son as dez leis que, segundo a tradición cristiá e xudía, foron ditadas por Deus a Moisés no monte Sinaí.

Existen versións diferentes segundo as Igrexas.

Son os seguintes, segundo o catecismo católico:

  1. Amarás a Deus sobre tódalas cousas.
  2. Non tomarás o Nome de Deus en van.
  3. Santificarás as festas.
  4. Honrarás o teu pai e a túa nai.
  5. Non matarás.
  6. Non cometerás actos impuros.
  7. Non roubarás.
  8. Non dirás falso testemuño nin mentirás.
  9. Non consentirás pensamentos nin desexos impuros.
  10. Non cobizarás os bens alleos.


Estes son os Dez Mandamentos orixinais, do libro do Éxodo na tradición católica:

  1. Non terás deuses alleos diante de min.
  2. Non te farás imaxen.
  3. Non tomarás o nome do Señor, o teu Deus, en van.
  4. Acórdate do sábado para santificalo.
  5. Honra ó teu pai e á túa nai.
  6. Non matarás.
  7. Non cometerás adulterio.
  8. Non roubarás.
  9. Non dirás contra o teu próximo falso testemuño.
  10. Non cobizarás.