Carlos Núñez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cy:Carlos Núñez
Rei-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pt:Carlos Núñez
Liña 52: Liña 52:
[[fr:Carlos Núñez]]
[[fr:Carlos Núñez]]
[[it:Carlos Núñez]]
[[it:Carlos Núñez]]
[[pt:Carlos Núñez]]

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2008 ás 19:07

Carlos Núñez
Carlos Núñez

Carlos Núñez é un músico galego de virtuosismo excepcional considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo.

Biografía

Naceu en Vigo en 1971, e comezou a tocar a gaita galega aos oito anos. Aos doce, era invitado para tocar na Orquestra Sinfónica de Lorient e en 1989 gravou xunto ao grupo irlandés The Chieftains a banda sonora da película A Illa do Tesouro, cos que seguiría colaborando até ser coñecido como o sétimo Chieftain. Núñez ademais completou a súa formación no ensino académico obtendo a cualificación de Matrícula de Honra e Premio Extraordinario Fin de Carreira no instrumento frauta de pico polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.

Carlos Núñez é un estudoso incansábel da música celta e no panorama internacional está considerado como un erudito do tema. As súas investigacións seguen basicamente dúas liñas relacionadas entre si: a orixe da música celta e a sua fusión coas músicas do mundo actuais. O seu interese polo tema levouno a percorrer o globo e a relacionarse con músicos e artistas dos países que visitou, para logo plasmar os seus coñecementos e experiencias na súa prolífica discografía.

Obra discográfica

En 1996 publica o seu primeiro disco, A Irmandade das Estrelas que supuxo o boom da música celta en España. Neste disco, Núñez centrase sobre todo na exploración da súa Galiza natal con influencias irlandeses.

No seu seguinte disco, Os amores libres, Carlos Núñez presenta unha reflexión en torno ao concepto celta explorando, entre outras, as conexións existentes entre a música tradicional galega e o flamenco. Os textos que acompañan as cancións deste disco están redactados polo escritor Manuel Rivas.

Xa en 2000 e coa publicación de Mayo Longo, con Núñez xa consagrado como músico de renome e proxección internacional, o gaiteiro compuxo unha canción co ex-Supertramp Roger Hodgson. Este disco é un retorno á tradición galaica e á sinxeleza e destacou principalmente por introducirse nas radiofórmulas do momento.

O seu último álbum de estudio é Almas de Fisterra publicado en 2003 en España e en Francia como Un Galicien en Bretagne cunha lista de cortes lixeiramente diferente. Este disco é o resultado dunha longa permanencia do músico en Bretaña, Francia, e nel móstranse músicas tradicionais bretoas gravadas xunto a músicos famosos da Bretaña francesa.

Carlos Núñez tamén editou un álbum recompilatorio de grandes éxitos con varios cortes novos chamado Todos os mundos e en 2004 editou un CD+DVD que contén un concerto gravado en Vigo co título de Carlos Núñez & Amigos coas súas cancións máis emblemáticas. Núñez tamén participa na banda sonora da película de Alejandro Amenábar Mar Adentro.


Colaboracións

Unha característica fundamental de Carlos Núñez e a súa música é a de colaborar con todo tipo de músicos de calquera nacionalidade tanto na gravación dos seus discos como nas súas actuacions en directo. A Carlos Núñez banda coa que toca en directo componse de reputados músicos como o seu irmán Xurxo Núñez, percusionista; Pancho Álvarez, guitarrista e violinista; e Begoña Riobó, violinista.

Así, Núñez colaborou con destacados artistas españois como Vicente Amigo, Carles Benavent, Luz Casal, Kepa Junkera ou Carmen Linares. De entre os moitos músicos internacionais cos que tocou ou gravou destacan The Chieftains e os seus integrantes Paddy Moloney, Sean O'Ríada e o defunto Derek Bell. Ademais deles cabe destacar a Dan Ar Braz, Jackson Browne, Phil Cunningham, Ry Cooder, Ronnie Drew, Frankie Gavin, Roger Hodgson, Paddy Keenan, Noa, Máirtin O'Connor, Liam O`Flynn, Dulce Pontes, Teresa Salgueiro, Sharon Shannon, Donald Shaw e La Vieja Trova Santiaguera.

Ligazóns externas