George Steiner: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Francis George Steiner (París, 23 de abril de 1929), crítico e teórico da literatura e da cultura, e escritor. Trátase dun dos intelectuais de influencia internacional ...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2008 ás 13:35

Francis George Steiner (París, 23 de abril de 1929), crítico e teórico da literatura e da cultura, e escritor. Trátase dun dos intelectuais de influencia internacional máis relevantes desde mediados do século XX.

O seu ámbito de interese principal é a literatura comparada. A súa obra como crítico tende á exploración, con recoñecida brillantez, de temas culturais e filosóficos de interese permanente, contrastando coas correntes máis actuais polas que transitou boa parte da crítica literaria contemporánea. A súa obra ensaística exerceu unha importante influencia no discurso intelectual público dos últimos cincuenta anos.

Contribúe habitualmente cos seus artigos para revistas e xornais, entre os que se inclúen The New Yorker, The Times Literary Supplement e The Guardian.

Publicou, ademais, varias novelas e libros de poesía.

A súa relación coa cultura galega era só obxecto de comentarios entre eruditos e teóricos da literatura até que en agosto de 2008 fixo declaracions en El país:

"me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego.

- (entrevistador:)Igual que es obligatorio en Cataluña compartir el catalán con el castellano. ¡Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?"

Este comentario subscitou ampla polémica no eido cultural galego.