Captain America: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot: Enlace a artículo destacado para: hu:Amerika Kapitány |
||
Liña 36: | Liña 36: | ||
[[fr:Captain America]] |
[[fr:Captain America]] |
||
[[he:קפטן אמריקה]] |
[[he:קפטן אמריקה]] |
||
[[hu:Amerika Kapitány]] |
[[hu:Amerika Kapitány]] {{Link FA|hu}} |
||
[[it:Capitan America]] |
[[it:Capitan America]] |
||
[[ja:キャプテン・アメリカ]] |
[[ja:キャプテン・アメリカ]] |
Revisión como estaba o 27 de agosto de 2008 ás 14:19
En galego Capitán América. Personaxe de cómic creado en setembro de 1940 por Joe Simon, Jack Kirby e Martin Goodman para a revista Timely. Sendo os tres xudeus, pensaron na creación de un superheroe que combatese a Adolf Hitler no bando dos aliados (os EUA aínda non entraran na contenda).
Primeira época
No nº1 de Captain America Comics, aparecían tamén o seu compañeiro Bucky e o malvado Cranio Vermello. Ese primeiro número saíu á venda o 20 de decembro de 1940. A boa acollida do público fixo que Kirby e Simon contrataran outro guionista: Stanley Martin Lieber, quen co tempo sería o inspirador e verdadeira álma máter do Universo Marvel. O derradeiro número desta saga apareceu en 1950 (era o número 75).
A mediados dos anos 50, aparecerían tres números máis de Captain America Comics (do nº76 ó nº78).
Na Era Marvel dos cómics
A principios dos 60, o dúo Stan Lee e Jack Kirby comezaron a Era Marvel dos cómics coas aventuras dos 4 fantásticos. Aproveitaron para volver a lanzar os éxitos da idade de ouro da revista Timely: Namor, a Tea Humana e por suposto o Capitán América. No Strange Tales nº114 (1963), un dos compoñentes dos 4 fantásticos atópase de súpeto co Capitán América, pero este en realidade é o Acróbata, que se disfraza do Capitán para cometer crimes.
O verdadeiro Capitán América voltaría definitivamente ós quioscos no número 4 USA dos Vingadores (novembro de 1964). Kirby e Lee decidiron darlle unha colección propia dentro dos Tales of Suspense. Nesa colección de historias curtas, compartía aventuras co Home de Ferro. Modelo:Link FA