Terra de Francisco Xosé: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Muro Bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nn:Frans Josefs land
Liña 33: Liña 33:
[[ko:제믈랴프란차이오시파 제도]]
[[ko:제믈랴프란차이오시파 제도]]
[[nl:Frans Jozefland]]
[[nl:Frans Jozefland]]
[[nn:Frans Josefs land]]
[[no:Frans Josefs land]]
[[no:Frans Josefs land]]
[[pl:Ziemia Franciszka Józefa]]
[[pl:Ziemia Franciszka Józefa]]

Revisión como estaba o 20 de xullo de 2008 ás 14:37

Localización da Terra de Francisco Xosé (mapa anotado en alemán).

Terra de Francisco Xosé (en Ruso: Земля Франца-Иосифа, transliteración: Zemlya Frantsa-Iosifa)[1] é un arquipélago ao norte de Rusia. Atópase no Océano Ártico ao norte de Nova Cembla (Новая Земля, terra nova en ruso) e ao leste de Spitzbergen, e pertence á provincia (Oblast) de Arkángel (Архангельск). Consiste en 191 illas cubertas de xeo cunha área de 16.134 km2 e están inhabitadas.

É o grupo máis ó norte de illas asociadas con Eurasia entre as latitudes 80,0º e 81,9º norte. O extremo máis ó norte é o cabo Fligely na Illa Rudolf, e está a só de 900 a 1110 km do Polo Norte. Este sería o punto que estaría máis preto do polo senón fora pola illa candadiense de Ellesmere e Groenlandia.

O arquipélago foi posibelmente descuberto por primeira vez polos navegantes noruegos Nils Fredrik Rønnbeck e Aidijärvi a bordo da goleta "Spidsbergen" en 1865 quen, de acordo a uns escasos informes, navegaron cara ó leste dende Svalbard ata que chegaron a unha nova terra que chamaron Nordost-Spitsbergen (Svalbard era o nome naquel tempo de Spitzbergen). Non se sabe se desembarcaron, e as novas illas repidamente foron esquecidas.

A descuberta oficialmente recoñecida ocorreu no 1873 pola expedición austro-húngara ó Polo Norte liderada polos exploradores polares Payer e Weyprecht, que renombraron o arquipélago en honor ó emperador austro-húngaro Francisco Xosé I. Ó seren a expedición só sufragada por diñeiro privado e non oficial, estas illas nunca foron parte de Austria.

No 1926, as illas foron tomadas pola Unión Soviética, e unhas poucas persoas foron asentadas nelas para a investigación e por motivos militares. O acceso por mar é só posíbel durante unhas poucas semanas do verán e require un permiso especial.

Notas

  1. tradución parcial do artigo en:Franz_Josef_Land da Wikipedia en inglés