Tobi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Outras wikis
Xas (conversa | contribucións)
cat
Liña 9: Liña 9:
[[en:List of Naruto villains#Akatsuki]]
[[en:List of Naruto villains#Akatsuki]]
[[es:Tobi]]
[[es:Tobi]]

[[Categoría:Manga]]

Revisión como estaba o 12 de xuño de 2008 ás 14:15

Tobi (トビ) é un personaxe do manga e anime Naruto. É membro da Organización Akatsuki, o de máis recente entrada, tras a morte de Sasori, ao que substitúe. Inicialmente foi subordinado de Zetsu, pero agora forma equipo con Deidara. Leva o que foi o anel de Sasori, 玉女 (a virxe), no pulgar esquerdo.


Descrición

Tobi ten o pelo negro e unha máscara laranxa cun deseño en espiral que lle cobre a cara por completo. O centro da espiral sitúase sobre o lugar do ollo dereito. Non leva ningún protector visible, así que non se puido identificar a Aldea Oculta da que provén.

Ten un carácter atípico: é bromista, grita moito, e é pouco serio para ser un membro de Akatsuki, onde os demais son perigosos criminais e renegados, aínda que durante unha pelexa con Deidara, Pein di que non se enfronte a el ou verá o verdadeiro poder de Tobi. Non se sabe nada do seu pasado antes do seu ingreso na organización, nin sequera do seu período como axente de Zetsu. A pesar de estar sempre de pelexa con Deidara polos seus mal elixidos comentarios, respéctalle, como demostra ao falar con el. A pesar de ameazarlle de morte e, ata atacalo coa arxila explosiva nalgunha que outra ocasión, Deidara pediu desculpas a Tobi por inmolarse, o que demostra certo respecto por el. A Kisame tamén lle cae ben por que segundo as súas palabras "era o único que tiña a habilidade de alegrar unha organización melancólica e aburrida".