Viti Levu: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: hif:Viti Levu
PipepBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ru:Вити-Леву [r5530]
Liña 27: Liña 27:
[[pl:Viti Levu]]
[[pl:Viti Levu]]
[[pt:Viti Levu]]
[[pt:Viti Levu]]
[[ru:Вити Леву]]
[[ru:Вити-Леву]]
[[sv:Viti Levu]]
[[sv:Viti Levu]]
[[zh:维提岛]]
[[zh:维提岛]]

Revisión como estaba o 9 de xuño de 2008 ás 01:27

Mapa topográfico de Viti Levu.

Viti Levu (Gran Fidxi), situada nas coordenadas Modelo:Coor dm, é a illa máis grande de Fidxi e unha das máis grandes de Oceanía. Nela atópase a capital do país, Suva, e gran parte da poboación.

Viti Levu cobre 10338 km², e esténdese 146 quilómetros de norte a sur e 106 deste a oeste. É unha illa de orixe volcánico que alcanza a súa máxima altitude de 1.324 metros no Tomanivi, tamén chamado monte Vitoria. A illa está divida por unha cordilleira que percorre o eixo norte-sur, dividíndoa en dúas metades de similar tamaño. A parte oriental é máis chuviosa, mentres que a occidental é máis seca, aínda que o nivel de precipitacións é suficiente para o cultivo da cana de azucre, unha das principais actividades económicas da illa. Tamén se produce algodón, tabaco e ananas; e extráense algúns minerais.

Ademais da capital do país, en Viti Levu atópanse outras localidades como Nadi, Laukota, Ba e Sigatoka; ademais de numerosos centros turísticos. Todas están situadas na costa, e están interconectadas por unha estrada que percorre o perímetro da illa. En total, case 600.000 persoas viven en Viti Levu, dous terzos da poboación total de Fidxi. Xunto á próxima Vanua Levu, concentran o 85% da poboación.