Cultura trobadoresca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m ligazóns
m ortografía
Liña 1: Liña 1:
CULTURA TROBADORESCA:
A partir do século XI en Europa desenvolverase un período de prosperidade económica que beneficiará o desenvolvemento de actividades culturais e artísticas. Ademáis , as clases privilexiadas deixarán de ser analfabetas e os contactos coa cultura árabe debido ás cruzadas conlevará outro tipo de influencias. Todo isto chegará a Galiza sobre todo por dúas vías: o [[Camiño de Santiago]] (os nobres , trobadores, franceses e occitanos) e a orde monacal de Cluny.

Revisión como estaba o 27 de abril de 2008 ás 14:00

A partir do século XI en Europa desenvolverase un período de prosperidade económica que beneficiará o desenvolvemento de actividades culturais e artísticas. Ademáis , as clases privilexiadas deixarán de ser analfabetas e os contactos coa cultura árabe debido ás cruzadas conlevará outro tipo de influencias. Todo isto chegará a Galiza sobre todo por dúas vías: o Camiño de Santiago (os nobres , trobadores, franceses e occitanos) e a orde monacal de Cluny.

No sur de Francia, na Provenza, a partir do S. XII, nace o amor cortés que deu lugar á cançó provenzal. Esta vai influír na cantiga de amor galego-portuguesa . Ese amor cortés, combinaba a cultura cabaleiresca( o poeta traslada a relación de vasalaxe militar ó código amoroso onde el é o vasalo e o señor é a dama ou dona. E ela debe ter mesura(discreción)) e o platonismo máis a relixiosidade (a dama é perfecta moral e fisicamente, e polo tanto merece adoración)

Na cançó provenzal o trobador establece unha relación coa dama que pasa por varios graos de aproximación.

  • Fenhedor: tímido, suspirante.
  • Precador: suplicante
  • Entendedor: pide doas ou regalos da súa namorada.
  • Drut: amante. Na cançó provenzal, despois do camiño de perfección amorosa para alcanzar a perfección desa relación aspírase ó joi(gozo).

Ademáis de abundar as descripcións físicas e morais da señor tamén poden aparecer no comezo das composicións un exordio primaveral.

CANTIGA DE AMOR GALEGO-PORTUGUESA Constitúe unha imitación consciente da cançó provezal. As nosas cantigas diferéncianse en que nesa relación amorosa non soe haber máis que os dous primeiros graos da relación entre o trobador e a dona, os sentimentos que se expresan case sempre rematan en coita(penitencia) ou loucura de amor. A dama aparece descrita dunha maneira máis escueta e non hai referencias á natureza