Rivers Cuomo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Escarbot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: eo:Rivers Cuomo
Liña 27: Liña 27:
[[Categoría:Vocalistas|Cuomo, Rivers]]
[[Categoría:Vocalistas|Cuomo, Rivers]]


[[de:Rivers Cuomo]]
[[en:Rivers Cuomo]]
[[en:Rivers Cuomo]]
[[eo:Rivers Cuomo]]
[[es:Rivers Cuomo]]
[[es:Rivers Cuomo]]
[[fr:Rivers Cuomo]]
[[fr:Rivers Cuomo]]
Liña 34: Liña 36:
[[pt:Rivers Cuomo]]
[[pt:Rivers Cuomo]]
[[sv:Rivers Cuomo]]
[[sv:Rivers Cuomo]]

[[de:Rivers Cuomo]]

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2007 ás 08:13

Modelo:Músico Rivers Cuomo é un músico estadounidense, nado o 13 de xuño de 1970 en Nova York. É o líder, guitarrista, vocalista e compositor da banda de rock Weezer.

Biografía

Cuomo, o cal comezou a súa viaxe musical baixo o pseudónimo de "Peter Kitts", formou unha banda de metal progresivo chamada Avant Garde, e fixo varios concertos en Connecticut. El mudouse coa banda a Los Angeles en marzo de 1989, e Avant Garde cambiou o seu nome a Zoom, que foi disolta a finais da primevera de 1990.

Weezer

Despois dunha serie de proxectos musicais en Los Angeles, Cuomo formou Weezer o 14 de febreiro de 1992 con Patrick Wilson, Matt Sharp e Jason Cropper. Jason deixou a banda durante a gravación do seu primeiro disco e Brian Bell ocupou o seu lugar. Weezer asinou un contrato coa DGC, pertencente á Geffen Records, o 25 de xuño de 1993. Comezaron a gravación de Weezer (tamén coñecido coma The Blue Album) en agosto de 1993 nos estudos Electric Lady en Nova York co produtor Ric Ocasek. Logo dalgúns álbums máis editados, o éxito comercial rotundo da banda chegaría en 2000, coa canción Island In The Sun, incluída no Green Album. Tras este disco, saíu ó mercado Maladroit (2001).

Despois dun parón de catro anos, durante os cales Cuomo voltou á universidade, Weezer editou en 2005 o que é polo de agora o seu último traballo, Make Believe.

Outras bandas

Aparte de Weezer, Cuomo tocou n varios proxectos musicais, entre os que se incluen Avante Garde, Zoom, Sixty Wrong Sausages e Fuzz. Durante o parón de Weezer a finais dos 90, Rivers formou un proxecto chamado Homie, ou segundo os fans, a Rivers Cuomo Band. Cuomo contribuiu tamén nas gravacións de varios músicos (Crazy Town, Cold, Mark Ronson). El tamén tocou brevemente na banda AM Radio en 2002 e 2003.

A principios de 2004 fixo unha aparición sorpresa co ex-baixista de Weezer Matt Sharp tocando na California State University, Fullerton, e interpretando dous temas da banda: "Say It Ain't So" e "Undone", unha vella demo, "Mrs. Young", e unha nova canción que compuxeron xuntos, "Time Song".